Os superheroes están nos cómics e no cinema, e forman parte da cultura adolescente desde hai décadas. Por iso, poden acudir na túa axuda para cumprir a túa difícil misión. Aí van algunhas ideas para traballar as principais materias cun extra de superpoderes.
PROPOSTAS PARA ENSINAR CON PODERES SOBRENATURAIS
CREAMOS O NOSO SUPERHEROE O A NOSA SUPERHEROÍNA
Deberedes metervos na pel dun personaxe ficticio. Para iso teredes que traer unha fotografia tipo carné vosa e recortes de papel {revistas, internet, debuxos …} da roupa, dos complementos, ou do escenario en que vos situaredes.
Con todo iso tendes que crear unha colaxe e conseguir asi unha nova personalidade {cantante, cientific@, astronauta, actor/actriz, cociner@, explorador/a …}
Unha vez feito hai que describilo detalladamente.
1. Presentacion {nome, quen es, onde vives e a que te adicas}
2. Que roupa levas posta e por que?
3. Gustos {que che gusta e que non che gusta}
CReaMoS NoVaS PeRSoNaLiDaDeS e as DeSCRiBiMoS.
O refrán é a parte da lingua que mellor recolle o espírito dos pobos, segundo os filólogos, literatos e investigadores que elaboraron os Cadernos de Fraseoloxía Galega. Os 15 libros editados ata agora recollen máis de 52.000 refráns de toda Galicia.
Cando alguén di poñer o carro diante dos bois o mais probable é que proceda dunha zona agraria, mentres que a expresión tirar todo pola borda é máis común nas vilas pesqueiras.
OS refráns forman parte importante da literatura, e a miúdo son tamén unha forma de expresión feita desde a fame e a miseria das clases máis desfavorecidas.
Unha vez elixido o refrán, darémoslle a forma dun caligrama, e pola parte de atrás escribiremos unha pequena explicación sobre que quere dicir.
Ferramentas TIC que podemos empregar para facer o noso caligrama. Tamén podemos facelo a man, debuxando e coloreando sobre unha cartolina.
Seguir lendo
É unha recompilación de seres fabulosos, un compendio de bestas, resultado da mestura de distintos animais. A súa descrición realízase como se faría a dun animal calquera. Empregamos a técnica das tarxetas. Escribimos os nomes dos animais sen facer ningunha clasificación, e sacamos tres tarxetas ao azar. Se saen animais moi parecidos (dúas aves, por exemplo), cámbiase un deles, para que haxa contraste.
CONSIGNA: mesturando as características de diversos animais inventa unha besta e descríbea. Pódeste guiar do seguinte guión:
Nome.
Vertebrado ou invertebrado.
Características do corpo.
Lugar onde vive.
Forma de desprazarse.
Alimentación.
Reprodución.
Para terminar, como sempre, encadernamos as producións resultantes, unha vez que as reescribiron, pasado a limpo e lido en voz alta para os seus compañeiros/ as.
Hai pouco, a editorial Edebé publicou un pop- up de Ricki Gervais, titulado ” Flanimales”, que recomendo pola orixinalidade das descricións, as xeniais ilustracións de Rob Steen e a marabillosa enxeñería do papel, a cargo de Richard Ferguson.
As árbores son probablemente a expresión máis xenuina da personalidade dun territorio. Posuír árbores significa ter paisaxes vexetais cheas de vida e riqueza, cheas de historia e lendas, de tradicións e cultura.
É difícil intentar definir Galicia sen recorrer ás súas árbores, castiñeiros, carballos e outras tantas especies propias destas terras. Coñecelas e defendelas é unha forma de respectar a nosa personalidade colectiva e as nosas tradicións máis xenuinas.
BIDUEIROS cimeiros!
Pena das Augas!
Xardois teixos
rebolos tocos faias derrubadas!
Camiño da Veneira!
Carreiro dos dez regueiros!
Cereixas de carnabudo! Abrotias abrairas
pincheiras e pincheiras
Eiquí sempre foi bosque…
Ruxir solo
da fonte do corzo!
Barbas do mofo
pingando dos toros
Os eidos. Uxío Novoneyra
Nesta outra páxina atoparás moita mais información sobre os cómics e como aprender a elaboralos.
Unha vez que SAIBAS TODO SOBRE os cómics, xa poderás afrontar a segunda tarefa que consistirá en ELABORAR UN.
As aventuras de Ulises
Din que foi o poeta Homero o autor da obra titulada A Odisea, unha das grandes historias da Grecia antiga. É o relato das aventuras de Odiseo, ou Ulises, durante a súa viaxe de regreso á illa de Ítaca, logo de conquistar a cidade de Troia.
Nesa viaxe, o heroe grego pasou moitas aventuras, que son as que forman esta actividade. Para realizala, usaremos a seguinte versión resumida:
Le con moita atención as súas aventuras, que poderás ampliar con outros libros e materiais, se o precisas. Así descubrirás máis cousas para coñecer mellor ao vello Ulises, e tamén para levar adiante a tarefa a realizar.
No enlace anterior está a versión que usaremos todos. Contén 5 historias: o cíclope Polifemo, a illa de Eolo, a ninfa Calipso, o palacio de Alcinoo, o encontro con Telémaco. DUNHA delas farás o seu cómic.
- A expresión, a claridade e a presentación serán boas. Ademais, haberá que utilizar diversos tipos de planos e todos os elementos que estudiamos antes (bocadillos. cartela, onomatopeias, liñas de movemento, signos gráficos ..|
- O día 22 de febreiro estará entregado. Non se admitirán retrasos.
- Lembra que no noso blog tes unha boa axuda online, pero tamén podes facer consultas mediante o correo electrónico ou Edmodo.
Mais recursos:
- La Odisea (El huevo de chocolate)
Mesopotamia. Una civilización entre dos ríos | Vídeos educativos para niños
El Antiguo Egipto 01 de 16 (Grandes Civilizaciones / Exploradores de la Historia) Series
LA ANTIGUA GRECIA | Vídeos Educativos para Niños
Las Polis Griegas (Reporteros de la Historia)
Los Espartanos (Reporteros de la Historia)
Los dioses griegos (Reporteros de la Historia)
Origen de las olimpiadas (Reporteros de la Historia)
El arte griego (Reporteros de la Historia)
Alejandro Magno el conquistador (Reporteros de la Historia)
Xa están rematados e listos para ver os traballos realizados polos alumnos e alumnas de 6º b, dentro do proxecto do corpo humano, que levamos a estudiar dende distintas materias ao longo do trimestre que remata.
- Describir, o mais detalladamente posible, o retrato ou autorretrato que vos tocou. Empregade o vocabulario axeitado, relativo ao corpo humano e, intentade adivinar polos rasgos físicos, algunha característica ou rasgo psicolóxico do artista que vos tocou.
- A partir da vosa fotografía, e seguindo a obra del genial Hanoch Piven (este artista realiza orixinais retratos como os que podedes ver no enlace), deberedes crear a vosa propia descrición a base de recortes, obxectos, debuxos, etc que vos representen ( poden ser afecións, desexos, ideas, …)
- Tendes que realizar tamén un autorretrato fotográfico no que debedes aparecer cun xesto especial: medo, asombro, alegría, cansazo, enfado, aburrimento, introspección, silencio, burla, ira, calma, …Podedes engadir tantas ideas e formas para expresarse que se vos ocurran. A fotografía debe presentar o rostro a tres cuartos, nin de perfil, nin de fronte, a non ser que a expresión elixida necesitase destas posicións sen máis remedio. A luz debe ser lateral para realzar mellor as faccións e os xestos. Despois, co GIMP, deberedes converter a foto nunha imaxe no alto contraste, en branco e negro puros, para posteriormente aplicar planos de cor ás distintas zonas.
Disfrutade destes estupendos traballos!! Hai moito esforzo e dedicación en cada un deles!!
OBXECTIVOS
1.- Adrentarse no coñecemento da estructura e funcionamento do organismo.
2.- Desenrolar unha serie de hábitos saudables, tanto de alimentación como de coidado do corpo.
3.- Relacionar o estudo do corpo con outras áreas, como por exemplo as linguas ( aprendendo vocabulario relacionado co tema). Tamén co mundo da arte, onde o alumnado traballa con obras de pintores relacionadas coa figura humana e que tamén formarán parte da exposición.
Mentres se traballa en conxunto na ambientación, cada equipo traballa os seus contidos e crea unha maqueta, acompañada de material ilustrativo.
1.- O Aparello Locomotor. Exercicio físico e saúde 2.- O aparello dixestivo 3.- O Sistema Nervioso. A hixiene 4.- O Sistema Respiratorio 5.- Sistema Circulatorio. 6.- O aparello Excretor
Ficha para analizar a enfermidade
Enlaces de interese
Vídeo sobre órganos e sistemas do corpo humano