As árbores son probablemente a expresión máis xenuina da personalidade dun territorio.  Posuír árbores significa ter paisaxes vexetais cheas de vida e riqueza, cheas de historia e lendas, de tradicións e cultura.

É difícil intentar definir Galicia sen recorrer ás súas árbores, castiñeiros, carballos e outras tantas especies propias destas terras. Coñecelas e defendelas é unha forma de respectar a nosa personalidade colectiva e as nosas tradicións máis xenuinas.

BIDUEIROS cimeiros!
Pena das Augas!
Xardois teixos
rebolos tocos faias derrubadas!
Camiño da Veneira!
Carreiro dos dez regueiros!
Cereixas de carnabudo! Abrotias abrairas
pincheiras e pincheiras
Eiquí sempre foi bosque…
Ruxir solo
da fonte do corzo!
Barbas do mofo
pingando dos toros

Os eidos. Uxío Novoneyra