Ceip Rosalía de Castro de Lugo

Arquivo da categoría: LECTURAS

Mesopotamia. Una civilización entre dos ríos | Vídeos educativos para niños

El Antiguo Egipto 01 de 16 (Grandes Civilizaciones / Exploradores de la Historia) Series

LA ANTIGUA GRECIA | Vídeos Educativos para Niños

Las Polis Griegas (Reporteros de la Historia)

Los Espartanos (Reporteros de la Historia)

Los dioses griegos (Reporteros de la Historia)

Origen de las olimpiadas (Reporteros de la Historia)

El arte griego (Reporteros de la Historia)

Alejandro Magno el conquistador (Reporteros de la Historia)

 

Advertisements

Para traballar sobre a Idade Media imos facer unha webquest por equipos.

A Idade Media é un dos períodos máis complexos da Historia, dez séculos de luces e sombras nos que se foron forxando as monarquías europeas e nos que naceron moitas das grandes cidades de Europa. Non obstante, este período, intermedio entre a Antigüidade clásica e o Renacemento, adoita estar asociado a certo estancamento cultural e recórdaselle máis ben polas guerras sen fin, as fames, epidemias e inxustizas sociais. Malia todo, non se lle pode definir tan só como unha época inculta e salvaxe. A Idade Media é tamén a época do nacemento das grandes cidades e universidades, do Románico e Gótico, do auxe do comercio internacional e das peregrinacións, da invención da imprenta e un longo etcétera. Na maioría das nosas cidades a Idade Media deixou a súa pegada en forma de catedrais, mosteiros, pontes, castelos e mesmo barrios enteiros.

UN VERDADEIRO SEÑOR FEUDAL

Fragmento do filme O señor da guerra (Franklin J. Schaffner)

«Ambientado nun espazo difuso que podería ser perfectamente a Galicia altomedieval, un pode imaxinarse ao altivo e distante cabaleiro Crisagón de la Cruz enviado polo Bispo de Compostela ás terras do Oeste galego para neutralizar os ataques vikingos; unha terra onde a poboación mantén antigos ritos relixiosos panteistas; onde os servos alédanse de estaren protexidos ao fin por un auténtico Señor; para rematar cunha visita guiada ás estancias dun torreón medieval: cociña, salón, dormitorio e terraza.»

REPORTEIROS DA HISTORIA: feudalismo

REPORTEIROS DA HISTORIA: organización feudal

REPORTEIROS DA HISTORIA: as Cruzadas

Vida cotiá no camiño de Santiago:  as poboacións medievais están xeralmente rodeadas por unha muralla defensiva, na que varias portas abren aos camiños máis importantes. O trazado urbano é sinuoso e irregular, existindo ás veces zonas despobladas. As cidades teñen diferentes barrios, que agrupan á poboación en función da súa procedencia, a súa relixión ou a súa actividade. ARTE E HISTORIA

Os mosteiros medievais:  O mosteiro será unha das pezas fundamentais da sociedade medieval. As primeiras fundacións monásticas remóntanse aos primeiros séculos do Cristianismo. Serán san Columbano e san Benito de Nursia quen, no século VI, establezan as regras que rexerán a partir de entón as vidas dos mosteiros.

A época das catedrais

CANTIGAS GALEGO – PORTUGUESAS MUSICADAS

El Romancero

Lingua de reis, lingua do pobo

La lírica  tradicional


Participa Méliès é un concurso de vídeo aberto a todos os públicos.

Concursar é moi fácil! Só necesitas unha historia que poidas contar en tres minutos, unha cámara ou dispositivo de vídeo para gravar unha curta na que tes que utilizar polo menos un dos tres trucaxes de Georges Méliès, e moita imaxinación. O xurado premiará ante todo o enxeño. Hai diferentes premios, e ademais os vídeos gañadores proxectaranse na exposición Empeza o espectáculo. Georges Méliès e o cinema de 1900, e nos CaixaForum.

Georges Méliès foi debuxante, mago, director de teatro, actor, decorador, técnico e produtor, realizador e distribuidor de máis de 500 películas entre 1896 e 1912. É unha figura clave nas orixes do cinema: revolucionou a cinematografía da súa época e sentou as bases do cinema como espectáculo. De onde procede a imaxinación de Méliès? En que se inspirou? Cales foron as súas achegas ao cinema? En Participa Méliès descubriredes coa vosa clase a este precursor do cinema fantástico, inventor das trucaxes máis inverosímiis dos inicios do cinema, e pioneiro dos efectos especiais.

PARA EMPEZAR: o universo de George Méliès                                                                                                                                                                                                           

 El universo de Georges Méliès

Esta infografía ilustra la evolución de la ciencia ficción desde la publicación de la novela Frankenstein de Mary Shelley (1818) hasta la actualidad.

Algunhas das películas de Georges Méliès: Sodes capaces de ver as trucaxes que realiza nas súas curtas?


This slideshow requires JavaScript.

OBXECTIVOS

1.- Adrentarse no coñecemento da estructura e funcionamento do organismo.

2.- Desenrolar unha serie de hábitos saudables, tanto de alimentación como de coidado do corpo.

3.- Relacionar o estudo do corpo con outras áreas, como por exemplo as linguas ( aprendendo vocabulario relacionado co tema). Tamén co mundo da arte, onde o alumnado traballa con obras de pintores relacionadas coa figura humana e que tamén formarán parte da exposición.

Mentres se traballa en conxunto na ambientación, cada equipo traballa os seus contidos e crea unha maqueta, acompañada de material ilustrativo.

1.- O Aparello Locomotor. Exercicio físico e saúde  2.- O aparello dixestivo   3.- O Sistema Nervioso. A hixiene  4.- O Sistema Respiratorio 5.- Sistema Circulatorio. 6.-  O aparello Excretor

Ficha para analizar a enfermidade

Enlaces de interese

O corpo humano

Vídeo sobre órganos e sistemas do corpo humano


Aquí podedes ver as fotos que fixemos cos nosos cartaces dos restaurantes terroríficos e dos menús que nos inventamos con motivo da festa do Samaín.

Tamén un vídeo coa presentación que fixemos dos mesmos.

This slideshow requires JavaScript.


  1.  ESCRIBIR RECEITAS Ou POCIONES MÁXICAS.

Primeiro, hai que pensar en para que vai servir a receita (desexo ou utilidade). Ese será o título. Logo, elabórase unha lista de estraños ingredientes detallados. A continuación, explícase a preparación da receita. Por último, invéntase un esconxuro, para que forneza efecto (en verso). Este traballo pode ser individual ou por parellas.  Consultar a información que vos deixo sobre os textos instructivos

                                                                                                         Este é o meu esconxuro para vós

Related imageBruxas, meigas e demos, eu, invócovos
e, se na receita, non me equivoco,
ou non se me vai moito o “coco”,

e non me dá demasiado sufoco
facede que os alumnos estean máis calados
porque se non acabarán “destripados”

 

 

2. DESEÑAMOS E CREAMOS UN MENÚ PARA O NOSO RESTAURANTE TERRORÍFICO

Creamos un cartaz para anunciar o noso restaurante ( debe figurar o nome do restaurante, un menú de 3 pratos – primeiro, segundo e postre- , ilustracións ou debuxos que podedes empregar de Pinterest, o prezo e o lugar onde podemos atopalo. Para facer o cartaz podedes empregar a ferramenta gratuita Canvas ou empregar Piktochart   Este traballo é para realizar en grupos de 3 alumn@s.

RÚBRICA PARA O CARTAZ