Ceip Rosalía de Castro de Lugo

Arquivo da categoría: LINGUA GALEGA

 

Ejemplos de Avatares de Superhéroes

 

Os superheroes están nos cómics e no cinema, e forman parte da cultura adolescente desde hai décadas. Por iso, poden acudir na túa axuda para cumprir a túa difícil misión. Aí van algunhas ideas para traballar as principais materias cun extra de superpoderes.

PROPOSTAS PARA ENSINAR CON PODERES SOBRENATURAIS

Física con Superman. Este vídeo sobre a forza de Superman pode servirche de introdución para abordar en clase conceptos físicos como a masa, a forza, a velocidade, a enerxía, as calorías ou a temperatura, entre outros. Bioloxía con Spiderman. O fío que producen Spiderman e as arañas para moverse e rubir polos lugares máis insólitos era ata hai pouco imposible de reproducir a través de métodos científicos. Neste vídeo explícase como o conseguiron, e neste artigo, poderán ver como uns físicos británicos han comprobado que a tea de araña podería deter un tren, como na película de Spiderman. Infografía de Batman ou ler esta completa infografía sobre superpoderes.

CREAMOS O NOSO SUPERHEROE O A NOSA SUPERHEROÍNA


HEROMACHINE  é unha estupenda aplicación que che vai permitir xenerar superheroes con moitas opcións de uniformes, rasgos faciais, accesorios, … ! Tamén se pode colorear.


Tamén podes crear o teu Antihéroe, para iso podes escoitar e ver o vídeo do grupo español MClan para ver que problemas pode ter o personaxe que elixas.


Esta actividade servirá para que coñezamos mellor a historia da nosa vida e o contexto no que nacimos, e algúns sucesos de relevancia que tiñan lugar neses anos e que descoñeciamos. Realizaredes un traballo de investigación a partir de distintas fontes de información (internet, familia, prensa…)

Buscamos información sobre o noso nome: orixe, significado …

Investigamos o por que do meu nome. Preguntamos na familia quen elixiu o voso nome. Buscar antepasados que se chamen igual [foto].

Creamos a nosa Árbore Xenealóxica (Pinterest)

Personaxes famosos que levan o meu nome. Tendes algo en común aparte do nome … Investiga

Con que xente famosa compartes aniversario?, que acontecementos famosos sucederon o día do teu nacemento?,  cal era a canción  de moda?, cal era o libro mais leído? cal era a pelicula mais vista?

Con todos os datos reunidos, creade a vosa BIOGRAFIA. 

Realizamos e expoñemos a nosa presentación : Labbook, Impress, Google Docs, Prezi,  Canva, Genia.ly

Seguir lendo


Un retrato robot é unha reconstrución plástica dunha persoa da que se carecen imaxes fidedignas. O retrato robot realízase a través da descrición de alguén que a coñece. Utilízase habitualmente para investigacións policiais, co fin de poder identificar a delincuentes ou a persoas desaparecidas.

Uso policial

Este recurso comezouse a utilizar na década de 1950. A policía valíase de retratistas expertos que debuxaban os trazos destas persoas a partir de testemuños orais. Posteriormente a Smith & Wesson, a maior empresa de armas de fogo dos Estados Unidos elaborou o seu sistema consistente nunha serie de case dúas mil follas de triacetato de celulosa que se proxectaban sobre unha lousa luminosa. Dispúñase dun repertorio exhaustivo de cada trazo facial (nariz, ollos, beizos, mentón, fronte, cabelos, ollos) e de posibles elementos complementarios (lentes, barba, bigotes, cicatrices) que se sobrepuñan nunha folla ata a reconstrución aproximada do rostro da persoa que se desexaba identificar. Actualmente existen programas informáticos que facilitan este labor.

BÚSCASE SOSPEITOSO

Pica sobre a imaxe  e crea un retrato  robot.  Cando completes a imaxe  do “teu  sospeitoso”, captura a pantalla e insértaa  nun documento de texto. Define os rasgos do personaxe . Ficha de adxectivos

 

 

 

 

 

 

 

 

Crea o teu retrato ao estilo manga. FACEYOURMANGA

 


Un retrato é unha representación dunha persoa real realizada mediante un debuxo, unha pintura, unha escultura ou unha fotografía. Dende moi pronto a pintura empezou a interesarse polo tema do retrato e ao longo da historia da pintura podemos ver como o retrato foi un dos temas preferidos polos pintores máis famosos de todos os tempos.

A pintura española é coñecida pola abundancia e calidade dos seus retratos. Pintores como Velázquez (As Meninas), El Greco (O cabaleiro da man no peito), Goya (A familia de Carlos IV) ou Picasso (As señoritas de Avignon) son algúns dos máis importantes.

ACTIVIDADES.-

¿QUIÉN es QUIÉN ? Describir físicamente

Actividad del Centro Virtual Cervantes

Sustantivos y adjetivos para describir personas *ficha consulta

Describimos personas *ficha

Ficha consulta La persona

RETRATO E AUTORRETRATO

 

 

 

Me gusta… Non me gusta…

 

 

 


Deberedes metervos na pel dun personaxe ficticio. Para iso teredes que traer unha fotografia tipo carné vosa e recortes de papel {revistas, internet, debuxos …} da roupa, dos complementos, ou do escenario en que vos situaredes.
Con todo iso tendes que crear unha colaxe e conseguir asi unha nova personalidade {cantante, cientific@, astronauta, actor/actriz, cociner@, explorador/a …}
Unha vez feito hai que describilo detalladamente.

1. Presentacion {nome, quen es, onde vives e a que te adicas} Image result for crear nueva personalidad

2. Que roupa levas posta e por que?

3. Gustos {que che gusta e que non che gusta}

CReaMoS NoVaS PeRSoNaLiDaDeS e as DeSCRiBiMoS. 


HISTORIAS DISPARATADAS

Un ejemplo de humor disparatado lo encontramos en la escritora Ursula Wölfel, autora de historias hiperbreves, como la de una mujer que quería estar más delgada. Ahí va el texto, leedlo atentamente:

“Una mujer quería por todos los medios ser delgada. Tomaba para desayunar sólo una cucharada de leche cuajada descremada y lo acompañaba con una taza de té para adelgazar. Después se iba a la oficina. Allí, en el descanso del mediodía, leía una receta en el Libro de la cocina para adelgazar. Cuando tenía mucha hambre leía dos recetas. Eso le bastaba. Por la noche preparaba una ensalada con tres pastillas para adelgazar, sal y zumo de limón. Los domingos añadía una pizca de mostaza a la ensalada de pastillas. La mujer adelgazó. Pero quería adelgazar más. Un día leía en el descanso el Libro de cocina para adelgazar. Estaba un poco cansada y se durmió. Y el libro se cerró. Enseguida volvieron del bar los compañeros. Al principio solo vieron el libro encima de la mesa. Después encontraron a la mujer: estaba como señal entre la página 48 y la 49”.

Ahora te toca a ti.

Escribe una historia disparatada, pero no una sarta de despropósitos absurdos. Fíjate en Ursula Wölfel: sólo un aspecto tiene que estar exagerado, mientras que lo demás (y los otros personajes) permanecen dentro de la normalidad.

Unhas ideas para empezar … Seguir lendo


O refrán é a parte da lingua que mellor recolle o espírito dos pobos, segundo os filólogos, literatos e investigadores que elaboraron os Cadernos de Fraseoloxía Galega. Os 15 libros editados ata agora recollen máis de 52.000 refráns de toda Galicia.

Cando alguén di poñer o carro diante dos bois o mais probable é que proceda dunha zona agraria, mentres que a expresión tirar todo pola borda é máis común nas vilas pesqueiras.

OS refráns forman parte importante da literatura, e  a miúdo son tamén unha forma de expresión feita desde a fame e a miseria das clases máis desfavorecidas.

Unha vez elixido o refrán, darémoslle a forma dun caligrama, e pola parte de atrás escribiremos unha pequena explicación sobre que quere dicir.

Refraneiro galego


Ferramentas TIC que podemos empregar para facer o noso caligrama. Tamén podemos facelo a man, debuxando e coloreando sobre unha cartolina.
Seguir lendo


É unha recompilación de seres fabulosos, un compendio de bestas, resultado da mestura de distintos animais. A súa descrición realízase como se faría a dun animal calquera. Empregamos a técnica das tarxetas.  Escribimos os nomes dos animais sen facer ningunha clasificación, e sacamos tres tarxetas ao azar. Se saen animais moi parecidos (dúas aves, por exemplo), cámbiase un deles, para que haxa contraste.

CONSIGNA: mesturando as características de diversos animais inventa unha besta e descríbea. Pódeste guiar do seguinte guión:

Nome.

Vertebrado ou invertebrado.

Características do corpo.

Lugar onde vive.

Forma de desprazarse.

Alimentación.

Reprodución.

Para terminar, como sempre, encadernamos as producións resultantes, unha vez que as reescribiron, pasado a limpo e lido en voz alta para os seus compañeiros/ as.

Hai pouco, a editorial Edebé publicou un pop- up de Ricki Gervais, titulado ” Flanimales”, que recomendo pola orixinalidade das descricións, as xeniais ilustracións de Rob Steen e a marabillosa enxeñería do papel, a cargo de Richard Ferguson.


Un cadro é unha “obra aberta”, non só a expresión do pintor senon que se pecha coa mirada e coas sensacións que provoca no que o contempla; é dicir, o espectador reelabora o obxecto artístico coa súa percepción persoal.Imagen relacionada

  •  PRESENTACIÓN DAS OBRAS
  • PLANTEXAMENTO DA HISTORIA: CÓNTAME A TÚA HISTORIA
  • É o momento de ESCRIBIR A VOSA HISTORIA seguindo o esquema da estrutura narrativa – inicio – nó – desenlace. Recordade que ten estar en lingua galega.
  • Consulta este enlace con consellos para redactar mellor.