Ceip Rosalía de Castro de Lugo

Arquivo da categoría: libros dixitais

PROXECTO COLABORATIVO: Viaxamos por España

Diario de equipo

Presuposto para a viaxe. Táboa

DESTINO 1

DESTINO 2

 

 

Advertisements

MALALA YOUSAFZAI é unha adolescente de 17 anos que deu un exemplo ao mundo pola súa loita en defensa da educación das nenas no seu país, Paquistán, e no resto do mundo. Desde a infancia denunciou, a través do seu blog, o importante que é a educación para o desenvolvemento dun país.
A súa petición aos gobernos é: UN NENO + UN MESTRE + UN LAPIS + UN LIBRO . Con este catro elementos a educación dos nenos e nenas está garantida e, por conseguinte, a riqueza dun país.

Elaboraremos un libro dixital coa ferramenta Storyjumper para representar o sentir en Pakistán. Leremos varias noticias e documentos sobre a vida de Malala en distintos soportes dixitais, por exemplo, Malala e Satyarthi, premio Nobel da Paz 2014, no país dixital. Tamén “10 recursos para que os teus alumnos coñezan a Malala”. As temáticas sobre as que debedes debater e comentar deben virar ao redor da biografía de Malala, o dereito á educación, as tarefas domésticas, os mozos en Pakistan, as tarefas domésticas, as mozas non poden ir á escola, Pakistan e os costumes.