Deberedes metervos na pel dun personaxe ficticio. Para iso teredes que traer unha fotografia tipo carné vosa e recortes de papel {revistas, internet, debuxos …} da roupa, dos complementos, ou do escenario en que vos situaredes.
Con todo iso tendes que crear unha colaxe e conseguir asi unha nova personalidade {cantante, cientific@, astronauta, actor/actriz, cociner@, explorador/a …}
Unha vez feito hai que describilo detalladamente.
1. Presentacion {nome, quen es, onde vives e a que te adicas}
2. Que roupa levas posta e por que?
3. Gustos {que che gusta e que non che gusta}
CReaMoS NoVaS PeRSoNaLiDaDeS e as DeSCRiBiMoS.
Un retrato é unha representación dunha persoa real realizada mediante un debuxo, unha pintura, unha escultura ou unha fotografía. Dende moi pronto a pintura empezou a interesarse polo tema do retrato e ao longo da historia da pintura podemos ver como o retrato foi un dos temas preferidos polos pintores máis famosos de todos os tempos.
A pintura española é coñecida pola abundancia e calidade dos seus retratos. Pintores como Velázquez (As Meninas), El Greco (O cabaleiro da man no peito), Goya (A familia de Carlos IV) ou Picasso (As señoritas de Avignon) son algúns dos máis importantes.
ACTIVIDADES.-
¿QUIÉN es QUIÉN ? Describir físicamente
Actividad del Centro Virtual Cervantes
Sustantivos y adjetivos para describir personas *ficha consulta
Me gusta… Non me gusta…
Un retrato robot é unha reconstrución plástica dunha persoa da que se carecen imaxes fidedignas. O retrato robot realízase a través da descrición de alguén que a coñece. Utilízase habitualmente para investigacións policiais, co fin de poder identificar a delincuentes ou a persoas desaparecidas.
Uso policial
Este recurso comezouse a utilizar na década de 1950. A policía valíase de retratistas expertos que debuxaban os trazos destas persoas a partir de testemuños orais. Posteriormente a Smith & Wesson, a maior empresa de armas de fogo dos Estados Unidos elaborou o seu sistema consistente nunha serie de case dúas mil follas de triacetato de celulosa que se proxectaban sobre unha lousa luminosa. Dispúñase dun repertorio exhaustivo de cada trazo facial (nariz, ollos, beizos, mentón, fronte, cabelos, ollos) e de posibles elementos complementarios (lentes, barba, bigotes, cicatrices) que se sobrepuñan nunha folla ata a reconstrución aproximada do rostro da persoa que se desexaba identificar. Actualmente existen programas informáticos que facilitan este labor.
BÚSCASE SOSPEITOSO
Pica sobre a imaxe e crea un retrato robot. Cando completes a imaxe do “teu sospeitoso”, captura a pantalla e insértaa nun documento de texto. Define os rasgos do personaxe . Ficha de adxectivos
Crea o teu retrato ao estilo manga. FACEYOURMANGA
Nesta outra páxina atoparás moita mais información sobre os cómics e como aprender a elaboralos.
Unha vez que SAIBAS TODO SOBRE os cómics, xa poderás afrontar a segunda tarefa que consistirá en ELABORAR UN.
As aventuras de Ulises
Din que foi o poeta Homero o autor da obra titulada A Odisea, unha das grandes historias da Grecia antiga. É o relato das aventuras de Odiseo, ou Ulises, durante a súa viaxe de regreso á illa de Ítaca, logo de conquistar a cidade de Troia.
Nesa viaxe, o heroe grego pasou moitas aventuras, que son as que forman esta actividade. Para realizala, usaremos a seguinte versión resumida:
Le con moita atención as súas aventuras, que poderás ampliar con outros libros e materiais, se o precisas. Así descubrirás máis cousas para coñecer mellor ao vello Ulises, e tamén para levar adiante a tarefa a realizar.
No enlace anterior está a versión que usaremos todos. Contén 5 historias: o cíclope Polifemo, a illa de Eolo, a ninfa Calipso, o palacio de Alcinoo, o encontro con Telémaco. DUNHA delas farás o seu cómic.
- A expresión, a claridade e a presentación serán boas. Ademais, haberá que utilizar diversos tipos de planos e todos os elementos que estudiamos antes (bocadillos. cartela, onomatopeias, liñas de movemento, signos gráficos ..|
- O día 22 de febreiro estará entregado. Non se admitirán retrasos.
- Lembra que no noso blog tes unha boa axuda online, pero tamén podes facer consultas mediante o correo electrónico ou Edmodo.
Mais recursos:
- La Odisea (El huevo de chocolate)
Esta actividade servirá para que coñezamos mellor a historia da nosa vida e o contexto no que nacimos, e algúns sucesos de relevancia que tiñan lugar neses anos e que descoñeciamos. Realizaredes un traballo de investigación a partir de distintas fontes de información (internet, familia, prensa…)
Buscamos información sobre o noso nome: orixe, significado …
Investigamos o por que do meu nome. Preguntamos na familia quen elixiu o voso nome. Buscar antepasados que se chamen igual [foto].
Creamos a nosa Árbore Xenealóxica (Pinterest)
Personaxes famosos que levan o meu nome. Tendes algo en común aparte do nome … Investiga
Con que xente famosa compartes aniversario?, que acontecementos famosos sucederon o día do teu nacemento?, cal era a canción de moda?, cal era o libro mais leído? cal era a pelicula mais vista?
Con todos os datos reunidos, creade a vosa BIOGRAFIA.
Realizamos e expoñemos a nosa presentación : Labbook, Impress, Google Docs, Prezi, Canva, Genia.ly
O refrán é a parte da lingua que mellor recolle o espírito dos pobos, segundo os filólogos, literatos e investigadores que elaboraron os Cadernos de Fraseoloxía Galega. Os 15 libros editados ata agora recollen máis de 52.000 refráns de toda Galicia.
Cando alguén di poñer o carro diante dos bois o mais probable é que proceda dunha zona agraria, mentres que a expresión tirar todo pola borda é máis común nas vilas pesqueiras.
OS refráns forman parte importante da literatura, e a miúdo son tamén unha forma de expresión feita desde a fame e a miseria das clases máis desfavorecidas.
Unha vez elixido o refrán, darémoslle a forma dun caligrama, e pola parte de atrás escribiremos unha pequena explicación sobre que quere dicir.
Ferramentas TIC que podemos empregar para facer o noso caligrama. Tamén podemos facelo a man, debuxando e coloreando sobre unha cartolina.
Seguir lendo
Os superheroes están nos cómics e no cinema, e forman parte da cultura adolescente desde hai décadas. Por iso, poden acudir na túa axuda para cumprir a túa difícil misión. Aí van algunhas ideas para traballar as principais materias cun extra de superpoderes.
PROPOSTAS PARA ENSINAR CON PODERES SOBRENATURAIS
CREAMOS O NOSO SUPERHEROE O A NOSA SUPERHEROÍNA