Ceip Rosalía de Castro de Lugo

Arquivo da categoría: Medio Ambiente

Imos iniciar unha pequena aventura para converternos no CSI.  Non,  non é a serie de televisión, senon que estas siglas correspóndense co nome de CLASE SUPER INVESTIGADORA.  Non importa o tema, seremos capaces de investigar sobre calquera cousa. Para iniciarvos no tema deíxovos un listado dos animais en perigo de extinción  para para comezar con algo sinxelo e que … SeGuRo que a tod@s vos encanta!!!!   Unha vez que estén rematadas os subiremos ao noso muro do PADLET, para que podamos saber máis.

ÁNIMO, E BOA INVESTIGACIÓN!!!

Advertisements

This slideshow requires JavaScript.


Agora que xa coñecemos  un pouco mais sobre o relevo europeo, sobre as súas costas, mares, illas, … imos traballar un pouco mais a fondo os seus ríos e o seu clima.

Deberedes realizar un traballo por parellas dos seguintes ríos europeos: Danubio, Dniéster, Dnieper, Don, Douro, Elba, Ebro,  Loira, Miño, Garona, Guadiana, Guadalquivir, Oder, Pechora, Po, Ródano, RinSena, Támesis, Texo, Ural, Vístula, Volga.

Para elo deberedes seguir o esquema que tendes aqui: TRABALLO SOBRE RÍOS

É obrigatorio seguir este formato, aínda que podedes engadir outras cousas se vos parecen interesantes ( mais fotografías, perfís, fenómenos xeolóxicos, etc)

Podedes atopar abondosa informacións sobre os ríos no seguinte anexo  e tamén nesta presentación onde ademais podedes repasar e completar o que xa sabedes sobre Europa.

Moitos dos avances que logrou a humanidade na súa historia estiveron relacionados coa auga, ou non terían sido posibles sen ela. Do mesmo modo, algúns dos problemas aos que se enfrontan moitas poboacións humanas están máis relacionados coa auga do que parece a simple vista.

 


Europa  é un fermoso continente cunha historia fascinante. Nel naceron./007.gif moitos dos científicos, inventores, artistas e compositores máis famosos do mundo, así como populares actores e deportistas. Durante séculos, Europa sufriu numerosas guerras e profundas divisións entre países. Pero nos últimos sesenta anos, os países deste vello continente reuníronse ao fin, para tentar traballar por unha Europa e un mundo mellores.

 

MAPA FISICO Y POLITICO EUROPA

 Imos explorar Europa! Páxina web e libro que conta a historia de forma simple e clara. Podedes investigar un amplo abano de temas sobre medio ambiente, historia, linguas, tradicións e xeografía. Por exemplo, podedes descubrir en que país de Europa podemos oír ou canto dás cigarras, de onde procede a autora dos libros de Harry Potter, J. K. Rowling, quen foron os antigos gregos e cando apareceu o primeiro ordenador. Tamén explica que é e como funciona a Unión Europea. As vistosas fotografías e ilustracións do sitio web e do material impreso fano moi atractivo, mentres que os xogos e concursos permiten poñer a proba os vosos coñecementos e facer competicións.


Os nosos mapas de Galicia, os que fixemos con moita paciencia e traballo, listos para verse nas fotos. Foi un labor complicado o de colocar todo o relevo, os rios, as costas … e, logo, aprendelo, para competir por grupos e, de xeito individual. Noraboa ao equipo vencedor formado por Carla, Sergio, Veronica, Samuel e Leo!!!! e, noraboa aos vencedores individuais Marcos, Dani, Sara Freire e Santiago. 

This slideshow requires JavaScript.