Ceip Rosalía de Castro de Lugo

Arquivo por etiquetas: textos instrutivos

  1.  ESCRIBIR RECEITAS Ou POCIONES MÁXICAS.

Primeiro, hai que pensar en para que vai servir a receita (desexo ou utilidade). Ese será o título. Logo, elabórase unha lista de estraños ingredientes detallados. A continuación, explícase a preparación da receita. Por último, invéntase un esconxuro, para que forneza efecto (en verso). Este traballo pode ser individual ou por parellas.  Consultar a información que vos deixo sobre os textos instructivos

                                                                                                         Este é o meu esconxuro para vós

Related imageBruxas, meigas e demos, eu, invócovos
e, se na receita, non me equivoco,
ou non se me vai moito o “coco”,

e non me dá demasiado sufoco
facede que os alumnos estean máis calados
porque se non acabarán “destripados”

 

 

2. DESEÑAMOS E CREAMOS UN MENÚ PARA O NOSO RESTAURANTE TERRORÍFICO

Creamos un cartaz para anunciar o noso restaurante ( debe figurar o nome do restaurante, un menú de 3 pratos – primeiro, segundo e postre- , ilustracións ou debuxos que podedes empregar de Pinterest, o prezo e o lugar onde podemos atopalo. Para facer o cartaz podedes empregar a ferramenta gratuita Canvas ou empregar Piktochart   Este traballo é para realizar en grupos de 3 alumn@s.

RÚBRICA PARA O CARTAZ

 

Advertisements

Aquí podedes ver as fotos que fixemos cos nosos cartaces dos restaurantes terroríficos e dos menús que nos inventamos con motivo da festa do Samaín.

Tamén un vídeo coa presentación que fixemos dos mesmos.

This slideshow requires JavaScript.


Nesta aventura imos realizar unha serie de actividades que nos levarán polos camiños do Samaín/Halloween. Imos  pasar un poco de “medo”, pero un medo divertido. Tendo como fio condutor esta festividade, imos aproveitar para aprender a redactar textos expositivos, instrutivos e informativos.

  1. Imos aprender máis cousas sobre esta festividade, sobre a súa orixe e formas de celebrarse.
  2. Prepararemos un texto expositivo oral a partir dunha presentación na que falaremos sobre os nosos monstros favoritos.
  3. Finalmente, escribiremos “noticias monstruosas”.

Seguir lendo