Ceip Rosalía de Castro de Lugo

Arquivo por etiquetas: corpo humano

Xa están rematados e listos para ver os traballos realizados polos alumnos e alumnas de 6º b, dentro do proxecto do corpo humano, que levamos a estudiar dende distintas materias ao longo do trimestre que remata.

  1. Describir, o mais detalladamente posible, o retrato ou autorretrato que vos tocou. Empregade o vocabulario axeitado, relativo ao corpo humano e, intentade adivinar polos rasgos físicos, algunha característica ou rasgo psicolóxico do artista que vos tocou.
  2. A partir da vosa fotografía, e seguindo a obra del genial Hanoch Piven (este artista realiza orixinais retratos como os que podedes ver no enlace), deberedes crear a vosa propia descrición a base de recortes, obxectos, debuxos, etc que vos representen ( poden ser afecións, desexos, ideas, …)
  3. Tendes que realizar tamén un autorretrato fotográfico no que debedes aparecer cun xesto especial: medo, asombro, alegría, cansazo, enfado, aburrimento, introspección, silencio, burla, ira, calma, …Podedes engadir tantas ideas e formas para expresarse que se vos ocurran. A fotografía debe presentar o rostro a tres cuartos, nin de perfil, nin de fronte, a non ser que a expresión elixida necesitase destas posicións sen máis remedio. A luz debe ser lateral para realzar mellor as faccións e os xestos. Despois, co GIMP, deberedes converter a foto nunha imaxe no alto contraste, en branco e negro puros, para posteriormente aplicar planos de cor ás distintas zonas.

        O  EMOCIONARIO

        RETRATOS E AUTORRETRATOS

       AS NOSAS CARICATURAS

        Disfrutade destes estupendos traballos!!  Hai moito esforzo e dedicación en cada un deles!!

Advertisements