Ceip Rosalía de Castro de Lugo

Arquivo da categoría: HISTORIA

MESOPOTAMIA e EXIPTO NA SERIE: “REPORTEROS DE LA HISTORIA”

 

 

 


Para traballar sobre a Idade Media imos facer unha webquest por equipos.

A Idade Media é un dos períodos máis complexos da Historia, dez séculos de luces e sombras nos que se foron forxando as monarquías europeas e nos que naceron moitas das grandes cidades de Europa. Non obstante, este período, intermedio entre a Antigüidade clásica e o Renacemento, adoita estar asociado a certo estancamento cultural e recórdaselle máis ben polas guerras sen fin, as fames, epidemias e inxustizas sociais. Malia todo, non se lle pode definir tan só como unha época inculta e salvaxe. A Idade Media é tamén a época do nacemento das grandes cidades e universidades, do Románico e Gótico, do auxe do comercio internacional e das peregrinacións, da invención da imprenta e un longo etcétera. Na maioría das nosas cidades a Idade Media deixou a súa pegada en forma de catedrais, mosteiros, pontes, castelos e mesmo barrios enteiros.

UN VERDADEIRO SEÑOR FEUDAL

Fragmento do filme O señor da guerra (Franklin J. Schaffner)

«Ambientado nun espazo difuso que podería ser perfectamente a Galicia altomedieval, un pode imaxinarse ao altivo e distante cabaleiro Crisagón de la Cruz enviado polo Bispo de Compostela ás terras do Oeste galego para neutralizar os ataques vikingos; unha terra onde a poboación mantén antigos ritos relixiosos panteistas; onde os servos alédanse de estaren protexidos ao fin por un auténtico Señor; para rematar cunha visita guiada ás estancias dun torreón medieval: cociña, salón, dormitorio e terraza.»

Fonte: Cliphistoria

DEREITOS SOBRE A VIDA E A MORTE

Fragmento de Del amor y de la muerte (Giménez Rico,1977)

Na alta Idade Media os señores feudais teñen todos os dereitos sobre a vida e a morte dos seus servos.

COMPOSTELA E O CAMIÑO DE SANTIAGO

MiniaturaA consolidación do camiño de Santiago contribúe ao asentamento e repoboación no norte da Península, impulsando o comercio e o contacto cos reinos feudais europeos.

Fonte: Cliphistoria

CONSTRUCIÓN DUNHA CATEDRAL ROMÁNICA

Máis un fragmento de Camiño de Santiago: a orixe (Jorge Algora, 2004)

Miniatura

A construcción dunha catedral medieval era un traballo laborioso e complexo que involucraba a numerosos traballadores, baixo o mando do mestre canteiro. Un dos mais famosos foi o Mestre Mateo.

Fonte: Cliphistoria

MOSTEIROS BENEDICTINOS

Fragmento de Camiño de Santiago: a orixe (Jorge Algora, 2004)

Os antigosMiniatura eremitas do século IV transformaranse nos poderosos mosteiros medievais do século XII. Os monxes bieitos serán decisivos na expansión do culto xacobeo ao longo do camiño de Santiago

Fonte: Cliphistoria

O GRAN SEÑOR FEUDAL DE COMPOSTELA: XELMÍREZ 

Historias de Galicia (X.M. Vega, 2007).

MiniaturaO bispo Diego Xelmirez (1059-1139) é un exemplo perfecto do poderío da Igrexa na Idade Media. Neste clip resúmese o periplo vital do bispo compostelán e a súa influenza.

Fonte: Cliphistoria

O REINO DE GALICIA EN MAPAS

LISTA DE MONARCAS OU REIS DE GALICIA

A GALICIA DO ANO 1000

COMO SE FACÍAN OS MANUSCRITOS MEDIEVAIS

CANTIGAS GALEGO – PORTUGUESAS MUSICADAS

El Romancero

Lingua de reis, lingua do pobo

La lírica  tradicional


MALALA YOUSAFZAI é unha adolescente de 17 anos que deu un exemplo ao mundo pola súa loita en defensa da educación das nenas no seu país, Paquistán, e no resto do mundo. Desde a infancia denunciou, a través do seu blog, o importante que é a educación para o desenvolvemento dun país.
A súa petición aos gobernos é: UN NENO + UN MESTRE + UN LAPIS + UN LIBRO . Con este catro elementos a educación dos nenos e nenas está garantida e, por conseguinte, a riqueza dun país.

Elaboraremos un libro dixital coa ferramenta Storyjumper para representar o sentir en Pakistán. Leremos varias noticias e documentos sobre a vida de Malala en distintos soportes dixitais, por exemplo, Malala e Satyarthi, premio Nobel da Paz 2014, no país dixital. Tamén “10 recursos para que os teus alumnos coñezan a Malala”. As temáticas sobre as que debedes debater e comentar deben virar ao redor da biografía de Malala, o dereito á educación, as tarefas domésticas, os mozos en Pakistan, as tarefas domésticas, as mozas non poden ir á escola, Pakistan e os costumes.


Unha data universal e de reivindicación social. Por iso, elaboramos unhas biografías para coñecer a traxectoria do distintas mulleres galegas para divulgar as contribucións das mesmas á sociedade e cultura galegas.

MARUJA MALLO por LUCÍA E YANIRA

PEPA A LOBA por ANTÍA E MARÍA JOSÉ

MARÍA SOLIÑA  por FRAN E DIEGO

IRENE, a lenda do fútbol galego por MARTÍN E MIGUEL

J OSEFINA BLANCO TEJERINA por ALEJANDRO E JORGE

URRACA I  por ALBERTO E DIEGO R.

MARÍA VINYALS por ANDREA E MARÍA L.

HILDEGART RODRÍGUEZ por MARÍA G. E MIRIAM

MARÍA BALTEIRA por DANIEL E DAVID

EMILIA PARDO BAZÁN por JOSE.C Y JUANJO

MADRE MªANTONIA PEREIRA DE XESÚS por JENNY Y AINOA

A BELLA OTERO por MANUELA Y DAYANA

CONSTANZA DE CASTRO por PEDRO E MANUEL

Agora, coas imaxes e os datos mais relevantes das mulleres crearemos un taboleiro virtual con LINOIT.

  • Escribir a biografía dunha muller cercana a vós: nai, avoa, tía, amiga, veciña, que consideredes importante. Recordamos os aspectos máis importantes á hora de escribir unha BIOGRAFÍA