Ceip Rosalía de Castro de Lugo

Arquivo por etiquetas: cartaz

  1.  ESCRIBIR RECEITAS Ou POCIONES MÁXICAS.

Primeiro, hai que pensar en para que vai servir a receita (desexo ou utilidade). Ese será o título. Logo, elabórase unha lista de estraños ingredientes detallados. A continuación, explícase a preparación da receita. Por último, invéntase un esconxuro, para que forneza efecto (en verso). Este traballo pode ser individual ou por parellas.  Consultar a información que vos deixo sobre os textos instructivos

                                                                                                         Este é o meu esconxuro para vós

Related imageBruxas, meigas e demos, eu, invócovos
e, se na receita, non me equivoco,
ou non se me vai moito o “coco”,

e non me dá demasiado sufoco
facede que os alumnos estean máis calados
porque se non acabarán “destripados”

 

 

2. DESEÑAMOS E CREAMOS UN MENÚ PARA O NOSO RESTAURANTE TERRORÍFICO

Creamos un cartaz para anunciar o noso restaurante ( debe figurar o nome do restaurante, un menú de 3 pratos – primeiro, segundo e postre- , ilustracións ou debuxos que podedes empregar de Pinterest, o prezo e o lugar onde podemos atopalo. Para facer o cartaz podedes empregar a ferramenta gratuita Canvas ou empregar Piktochart   Este traballo é para realizar en grupos de 3 alumn@s.

RÚBRICA PARA O CARTAZ

 

Advertisements