Ceip Rosalía de Castro de Lugo

Arquivo por etiquetas: retrato

Un retrato é unha representación dunha persoa real realizada mediante un debuxo, unha pintura, unha escultura ou unha fotografía. Dende moi pronto a pintura empezou a interesarse polo tema do retrato e ao longo da historia da pintura podemos ver como o retrato foi un dos temas preferidos polos pintores máis famosos de todos os tempos.

A pintura española é coñecida pola abundancia e calidade dos seus retratos. Pintores como Velázquez (As Meninas), El Greco (O cabaleiro da man no peito), Goya (A familia de Carlos IV) ou Picasso (As señoritas de Avignon) son algúns dos máis importantes.

ACTIVIDADES.-

1. Escribe unha lista de palabras relacionadas co corpo humano que son necesarias á hora de describir físicamente a unha persoa.

2. Compara a túa lista coas doutros compañeiros de clase e engade aquelas palabras que che falten.

3. INVESTIGA: Con que técnicas se pode representar un retrato? Que é un retrato colectivo? Que é un retrato de tamaño natural? Que é un autorretrato?

RETRATO E AUTORRETRATO

Completa la siguiente ficha: ¿QUIÉN SOY YO?

 

 

VIDEO MANU CHAO

Me gusta… Non me gusta…

 

 

 

Advertisements

Un retrato é unha representación dunha persoa real realizada mediante un debuxo, unha pintura, unha escultura ou unha fotografía.

Dende moi pronto a pintura empezou a interesarse polo tema do retrato e ao longo da historia da pintura podemos ver como o retrato foi un dos temas preferidos polos pintores máis famosos de todos os tempos.

Podemos ver varias características do retrato:

. Segundo o que se mostre pode ser só da cabeza, do busto, me medio corpo ou de corpo enteiro.
. Pode ser dunha soa persoa ou de varias (retrato colectivo)
. O tamaño pode variar pero se é igual á figura humana que representa entón chámase retrato de tamaño natural.
. Pode encontrarse sen fondo ou con fondo (un interior, unha paisaxe, etc)
. Se o pintor se pinta a si mesmo denomínase autorretrato.

A pintura española é coñecida pola abundancia e calidade dos seus retratos. Pintores como Velázquez (As Meninas), El Greco (O cabaleiro da man no peito), Goya (A familia de Carlos IV) ou Picasso (As señoritas de Avignon) son algúns dos máis importantes.

Mira este video sobre retratos femininos:  Os rostros mais fermosos da historia da arte.

ACTIVIDADES.-

1. Escribe unha lista de palabras relacionadas co corpo humano

2. Compara a túa lista coas doutros compañeiros de clase e engade aquelas palabras que che falten.

3. Elixe un dos cadros que se citan no texto e busca información sobre el en Internet.

4. INVESTIGA: Con que técnicas se pode representar un retrato? Que é un retrato colectivo? Que é un retrato de tamaño natural? Que é un autorretrato?

DESCRICIÓN DUN RETRATO
Elixe un destes  retratos e escribe unha descrición dicindo de que tipo é, que se ve nel,  as cores coas que está pintado,  a quen representa, etc.