Ceip Rosalía de Castro de Lugo

Arquivo por etiquetas: Idade Media

A Fortaleza de San Paio de Narla foi adquirida pola Deputación Provincial de Lugo no ano 1939 e no ano 1983 convértea en museo histórico e etnográfico, trasladando a ela boa parte das coleccións etnográficas do Museo de Lugo.

A fortaleza foi derruída nas revoltas dos irmandiños do século XV e reconstruída no século seguinte, polo que o actual edificio é obra dos séculos XVI e XVII, fundamentalmente. Ten un corpo central flanqueado pola torre da Homenaxe e por un gran torreón.

A planta baixa formada polo patio, as cortes e a adega, acolle unha colección de útiles de traballos agrícolas, diversos obxectos de equitación e ferramentas para o tecido da la e o liño. A planta primeira componse dunha cociña, un salón e outras estancias nas que podemos ver obxectos artísticos, mobiliario e enxoval doméstico. Desde a última planta, onde destaca unha cheminea renacentista, pódese acceder ao almeado e contemplar o contorno da fortaleza.

A capela, do século XVIII, separada do edificio principal, ten planta cadrada con tellado a catro augas. Destaca no seu interior un retablo do século XIX.

This slideshow requires JavaScript.

Advertisements

Para traballar sobre a Idade Media imos facer unha webquest por equipos.

A Idade Media é un dos períodos máis complexos da Historia, dez séculos de luces e sombras nos que se foron forxando as monarquías europeas e nos que naceron moitas das grandes cidades de Europa. Non obstante, este período, intermedio entre a Antigüidade clásica e o Renacemento, adoita estar asociado a certo estancamento cultural e recórdaselle máis ben polas guerras sen fin, as fames, epidemias e inxustizas sociais. Malia todo, non se lle pode definir tan só como unha época inculta e salvaxe. A Idade Media é tamén a época do nacemento das grandes cidades e universidades, do Románico e Gótico, do auxe do comercio internacional e das peregrinacións, da invención da imprenta e un longo etcétera. Na maioría das nosas cidades a Idade Media deixou a súa pegada en forma de catedrais, mosteiros, pontes, castelos e mesmo barrios enteiros.

UN VERDADEIRO SEÑOR FEUDAL

Fragmento do filme O señor da guerra (Franklin J. Schaffner)

«Ambientado nun espazo difuso que podería ser perfectamente a Galicia altomedieval, un pode imaxinarse ao altivo e distante cabaleiro Crisagón de la Cruz enviado polo Bispo de Compostela ás terras do Oeste galego para neutralizar os ataques vikingos; unha terra onde a poboación mantén antigos ritos relixiosos panteistas; onde os servos alédanse de estaren protexidos ao fin por un auténtico Señor; para rematar cunha visita guiada ás estancias dun torreón medieval: cociña, salón, dormitorio e terraza.»

REPORTEIROS DA HISTORIA: feudalismo

REPORTEIROS DA HISTORIA: organización feudal

REPORTEIROS DA HISTORIA: as Cruzadas

Vida cotiá no camiño de Santiago:  as poboacións medievais están xeralmente rodeadas por unha muralla defensiva, na que varias portas abren aos camiños máis importantes. O trazado urbano é sinuoso e irregular, existindo ás veces zonas despobladas. As cidades teñen diferentes barrios, que agrupan á poboación en función da súa procedencia, a súa relixión ou a súa actividade. ARTE E HISTORIA

Os mosteiros medievais:  O mosteiro será unha das pezas fundamentais da sociedade medieval. As primeiras fundacións monásticas remóntanse aos primeiros séculos do Cristianismo. Serán san Columbano e san Benito de Nursia quen, no século VI, establezan as regras que rexerán a partir de entón as vidas dos mosteiros.

A época das catedrais

CANTIGAS GALEGO – PORTUGUESAS MUSICADAS

El Romancero

Lingua de reis, lingua do pobo

La lírica  tradicional