Ceip Rosalía de Castro de Lugo

Arquivo por etiquetas: contos

The Snowman é un libro infantil inglés escrito polo autor Raymond Briggs publicado en 1978, en formato de álbum ilustrado. En 1982 o libro converteuse nunha película de animación de Dianne Jackson duns 26 minutos de duración. A película foi nomeada para o Óscar ao Mellor Curto de debuxos en 1983.
Desde entón, en cada Nadal volve ser emitida pola televisión británica convertida en todo un clásico. Á versión animada engadíuselle un paseo en motocicleta, unha visita ao Polo norte e a escena na que o boneco de neve e o neno saen voando mentres soa a deliciosa canción “Walking in the Air”.

OBXECTIVOS
– Escribir en forma de cómic as frases que se supoñen que din os personaxes dun vídeo que non conteñen diálogos.
– Traballar en equipo de forma colaborativa e no mesmo proxecto.
– Utilizar a linguaxe de maneira adecuada ás diferentes situacións de alegría, tristeza, sorpresa, etc.
– Escribir unha historia coherente co soporte audiovisual facilitado (vídeo)

Despois de ver o vídeo, deberedes ter unha visión xeral dos acontecementos para imaxinar e escribir o diálogo que se produce entre os seguintes personaxes. Para iso facilitareivos tantos fotogramas do vídeo como sexan necesarios e que serán a base para inserir os bocadillos.
Para iso utilizaremos unha ferramenta que xa coñecemos, CANVAS, que vos permitirá modificar os fotogramas e engadir bocadillos, liñas de movemento, cartelas, onomatopeyas, e todo o que necesitedes para construír o voso cómic.
Unha vez terminado subirémolo a un formato de presentación (Google Drive) para maquetar o voso traballo e, finalmente, a unha plataforma de publicación dixital issuu ou calámeo para converter o traballo nun flip book e poder subilo ao blogue.

Advertisements

CLASES DE PALABRAS

O nome e as súas clases : Xénero e número

COMUNICACIÓN ORAL

Un conto tradicional galego: O sapo e o raposo

Este texto (O oso e o raposo) é un conto popular e, polo tanto, chegou ata nós
mediante a transmisión oral antes de que se recollera por escrito. Léeo e poderás
observar que contén trazos propios da expresión oral. Deseguido, contesta ás
seguintes cuestións.

  • Cal é o tema principal do conto?
  • Que personaxes aparecen?
  • Onde se desenvolve a acción?
  • É o narrador un dos personaxes?
  • Poderías sinalar algunha expresión propia da linguaxe coloquial?

 Agora  recolle algún conto galego de tradición oralOrella  pendella         » Home Page

Contos da tradición oral de Galicia

Contos de vellos para nenos

e intenta escribir algunhas características deste tipo de narracións.