Ceip Rosalía de Castro de Lugo

Arquivo por etiquetas: cinema

Participa Méliès é un concurso de vídeo aberto a todos os públicos.

Concursar é moi fácil! Só necesitas unha historia que poidas contar en tres minutos, unha cámara ou dispositivo de vídeo para gravar unha curta na que tes que utilizar polo menos un dos tres trucaxes de Georges Méliès, e moita imaxinación. O xurado premiará ante todo o enxeño. Hai diferentes premios, e ademais os vídeos gañadores proxectaranse na exposición Empeza o espectáculo. Georges Méliès e o cinema de 1900, e nos CaixaForum.

Georges Méliès foi debuxante, mago, director de teatro, actor, decorador, técnico e produtor, realizador e distribuidor de máis de 500 películas entre 1896 e 1912. É unha figura clave nas orixes do cinema: revolucionou a cinematografía da súa época e sentou as bases do cinema como espectáculo. De onde procede a imaxinación de Méliès? En que se inspirou? Cales foron as súas achegas ao cinema? En Participa Méliès descubriredes coa vosa clase a este precursor do cinema fantástico, inventor das trucaxes máis inverosímiis dos inicios do cinema, e pioneiro dos efectos especiais.

PARA EMPEZAR: o universo de George Méliès                                                                                                                                                                                                           

 El universo de Georges Méliès

Esta infografía ilustra la evolución de la ciencia ficción desde la publicación de la novela Frankenstein de Mary Shelley (1818) hasta la actualidad.

Algunhas das películas de Georges Méliès: Sodes capaces de ver as trucaxes que realiza nas súas curtas?

Advertisements