Ceip Rosalía de Castro de Lugo

Visitamos en ABANCA O artista e a cidade. Visións e realidades’

O título do proxecto inspírase no libro homónimo do filósofo español Eugenio Trías no que o autor pon de manifesto a estreita relación que sempre existiu entre a alma da cidade e os artistas que a habitan. Esta relación pode ser de moi distinto tipo, desde a cidade como musa inspiradora ou como unha presenza que encerra e oprime ao artista nos límites dese espazo real e existencial.

Para esta exposición seleccionáronse óleos, fotografías, gravados, debuxos e esculturas de 24 artistas que forman parte das coleccións de arte de ABANCA e Afundación nas que atopamos urbes que nos levan a reflexionar sobre unha idea de cidade desde distintas ópticas e interpretacións.

Os alumnos e alumnas agruparonse en tribus urbanas e desenvolveron o traballo de busca dun cadro representativo do estilo pictorico que lles correspondeu, terminando, cun pequeno obradoiro.

This slideshow requires JavaScript.

OS ECOSISTEMAS

Aqui podemos ver as maquetas dos ecosistemas realizadas en grupo durante o pasado trimestre. Cada grupo de alumnos e alumnas traballou un ecosistema diferente. Na maqueta deberia figurar os elementos que constituen cada ecosistema, a saber, o medio fisico e os seres vivos que o conforman. Para explicar cada ecosistema temos unha wiki

http://ecosistemasclasedequinto.wikispaces.com/

This slideshow requires JavaScript.

MAPA GALICIA

Os nosos mapas de Galicia, os que fixemos con moita paciencia e traballo, listos para verse nas fotos. Foi un labor complicado o de colocar todo o relevo, os rios, as costas … e, logo, aprendelo, para competir por grupos e, de xeito individual. Noraboa ao equipo vencedor formado por Carla, Sergio, Veronica, Samuel e Leo!!!! e, noraboa aos vencedores individuais Marcos, Dani, Sara Freire e Santiago. 

This slideshow requires JavaScript.

VISITA A ONDA CERO

UImage result for radio dibujos locutoresn novo curso volvimos á radio para un novo programa na emisora Onda Cero de Lugo, que podedes escoitar no seguinte enlace, a partir do minuto 28, aproximadamente. No programa, tratamos temas relacionados coa ciencia e, en concreto, sobre os robots e como faremos para convivir con eles.

This slideshow requires JavaScript.

21 e 22 de marzo: DíaS MuNDiaiS Da áRBoRe e Da auGa

As árbores son probablemente a expresión máis xenuina da personalidade dun territorio.  Posuír árbores significa ter paisaxes vexetais cheas de vida e riqueza, cheas de historia e lendas, de tradicións e cultura.

É difícil intentar definir Galicia sen recorrer ás súas árbores, castiñeiros, carballos e outras tantas especies propias destas terras. Coñecelas e defendelas é unha forma de respectar a nosa personalidade colectiva e as nosas tradicións máis xenuinas.

BIDUEIROS cimeiros!
Pena das Augas!
Xardois teixos
rebolos tocos faias derrubadas!
Camiño da Veneira!
Carreiro dos dez regueiros!
Cereixas de carnabudo! Abrotias abrairas
pincheiras e pincheiras
Eiquí sempre foi bosque…
Ruxir solo
da fonte do corzo!
Barbas do mofo
pingando dos toros

Os eidos. Uxío Novoneyra

Seguir lendo

CóNTaMe uN CoNTo!!!!

  • CUÉNTAME UN CUENTO es el título de una canción original del grupo CELTAS CORTOS
  • Lee la letra y escucha la canción
  • Señala todos los elementos del cuento tradicional que aparecen en la canción.

AGORA IMOS TRABALLAR CON ALGÚNS CONTOS TRADICIONAIS

 

 

ESCRITURA CREATIVA: CóNTaMe a Túa HiSToRia!!!

Un cadro é unha “obra aberta”, non só a expresión do pintor senon que se pecha coa mirada e coas sensacións que provoca no que o contempla; é dicir, o espectador reelabora o obxecto artístico coa súa percepción persoal.Imagen relacionada

  •  PRESENTACIÓN DAS OBRAS
  • PLANTEXAMENTO DA HISTORIA: CÓNTAME A TÚA HISTORIA
  • É o momento de ESCRIBIR A VOSA HISTORIA seguindo o esquema da estrutura narrativa – inicio – nó – desenlace. Recordade que ten estar en lingua galega.
  • Consulta este enlace con consellos para redactar mellor.