Agora que xa coñecemos  un pouco mais sobre o relevo europeo, sobre as súas costas, mares, illas, … imos traballar un pouco mais a fondo os seus ríos e o seu clima.

Deberedes realizar un traballo por parellas dos seguintes ríos europeos: Danubio, Dniéster, Dnieper, Don, Douro, Elba, Ebro,  Loira, Miño, Garona, Guadiana, Guadalquivir, Oder, Pechora, Po, Ródano, RinSena, Támesis, Texo, Ural, Vístula, Volga.

Para elo deberedes seguir o esquema que tendes aqui: TRABALLO SOBRE RÍOS

É obrigatorio seguir este formato, aínda que podedes engadir outras cousas se vos parecen interesantes ( mais fotografías, perfís, fenómenos xeolóxicos, etc)

Podedes atopar abondosa informacións sobre os ríos no seguinte anexo  e tamén nesta presentación onde ademais podedes repasar e completar o que xa sabedes sobre Europa.

Moitos dos avances que logrou a humanidade na súa historia estiveron relacionados coa auga, ou non terían sido posibles sen ela. Do mesmo modo, algúns dos problemas aos que se enfrontan moitas poboacións humanas están máis relacionados coa auga do que parece a simple vista.

 

Advertisements