Europa  é un fermoso continente cunha historia fascinante. Nel naceron./007.gif moitos dos científicos, inventores, artistas e compositores máis famosos do mundo, así como populares actores e deportistas. Durante séculos, Europa sufriu numerosas guerras e profundas divisións entre países. Pero nos últimos sesenta anos, os países deste vello continente reuníronse ao fin, para tentar traballar por unha Europa e un mundo mellores.

 

MAPA FISICO Y POLITICO EUROPA

 Imos explorar Europa! Páxina web e libro que conta a historia de forma simple e clara. Podedes investigar un amplo abano de temas sobre medio ambiente, historia, linguas, tradicións e xeografía. Por exemplo, podedes descubrir en que país de Europa podemos oír ou canto dás cigarras, de onde procede a autora dos libros de Harry Potter, J. K. Rowling, quen foron os antigos gregos e cando apareceu o primeiro ordenador. Tamén explica que é e como funciona a Unión Europea. As vistosas fotografías e ilustracións do sitio web e do material impreso fano moi atractivo, mentres que os xogos e concursos permiten poñer a proba os vosos coñecementos e facer competicións.

Advertisements