A lenda é unha forma narrativa simple e o seu elemento predominante é o poético, o irreal ou sobrenatural. Pode estar escrita en prosa ou en verso; de igual modo os personaxes aos que se refire poden ser tanto históricos coma ficticios, pero os feitos mesmos carecen dunha historia verdadeira. A lenda tivo as súas orixes e grande auxe na antiga Grecia, principalmente a través da mitoloxía. Xa dende entón o xénero era de marcado contido relixioso.
As súas principais características son:
1.- Texto narrativo breve con forma simple.
2.- Están en moitas localidades onde circulan relatos e adóitanos recoller escritores que investigan en tradicións anteriores.
3.- Os lugares ou sucesos que contan son acontecementos que xa sucederon e os espazos polo xeral son lugares naturais que teñen algún fenómeno que xa existe (un monumento histórico, unha montaña, a forma dunha praia, unha lagoa, unha árbore, etc.)
ESCRIBIMOS LENDAS CON STORYBIRD  / Por parellas, ou de xeito individual, debedes elixir unha lenda galega * biblioteca [Lendas galegas de tradicion oral] ou no seguinte enlace de Galicia Encantada. 
Unha vez elixida, deberedes resumila e ilustrala empregando a ferramenta dixital de Storybird.

A arca de ouro de Rumín por Daniel Bao e Santiago Cubillas

Manuel, o raposiño por Julia e Sara Freire

A casa do medo de Lariño por Marcos e Sergio

A casiña do rei por Alejandra e Verónica

O monstro da lagoa do castelo por Noa e Paula

A casa encantada de Portocelo por Hugo e Mateo

A Maruxaina por Carla e María Lara

A cerva blanca dos Ancares por  Mireia e Sara Suárez

O corvo e o raposo por Leo e Yishak

O Xan Fiz e o Nadal de Cerdedo

A poza da moura por Kendal e Samuel

A lenda do dragón por Alberte e Pau

 

 

Advertisements